Sunday 28 de April de 2024

O espectáculo “Don Gelati” do mago Dani García porá este domingo o broche de ouro á quinta edición do Festimaxia de Lousame


As entradas poden solicitarse no teléfono 981 82 57 80

O espectáculo “Don Gelati”, do mago Dani García, será o encargado de poñer o broche de outro á quinta edición do Festimaxia de Lousame. Unha actuación que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Lousame este domingo 29 de novembro, a partir das 18:00 horas. A participación é de balde, se ben polas medidas de protección fronte á Covid-19 é preciso reservar antes a entrada chamando ao 981 82 57 80.
“Don Gelati” é un espectáculo de música e humor dirixido a un público familiar. Partindo dos problemas que se lle presentan a este particular vendedor de xeados, Dani García ofrece un espectáculo de maxia que require da participación activa de toda a familia, cuxo apoio será fundamental para que poida resolver cada un dos problemas que atope o mago nos 50 minutos que dura o espectáculo.
Con esta actuación, o Concello de Lousame pechará a quinta edición do Festimaxia 2020, que durante os tres últimos domingos de novembro reuniu no municipio a Fani Triana, ao Mago Teto e ao propio Dani García. Unha programación deseñada polo Concello de Lousame en colaboración coa Deputación da Coruña.